Pasou un tempo xa, mais a volta ven con ghanas.
Sobre as cousas que pasaron nestre intre de tres meses pouca cousa podo dicir. Excepto que a pesar de que unha se pensa maior, a verdade é que por dentro xamáis dos xamases o de adentro creceu. Parece que sigo sendo a mesma rapaza que cargaba óleos (nunca afinei cós acrílicos) e bastidores polo renfe abaixo. Benditos tempos aqueles.
E se o certo é que xa non pinto nada –o lápiz é mais resultón- sego aprendendo todo-los días algo novo. Nalgúns casos o que fago é recordar que sabía cousas que xa tiña esquecidas.
As veces é bo recorda-las. Outras veces doen revivi-las. Pero en definitiva o que non mata enghorda, e eu xa teño que empezar a sumar algúns kilos de mais que me leva o vento –e o demo.
(Ten sentido algho de ésto?)
Así que dicido relaxarme, producirme unha pelopincho para pasar unhas fantásticas vacaciós en Villurca, e este ano que veña o que sexa, que eu podo con todo.
Eu son unha chicarrona do norte, carallo.
viernes, 16 de enero de 2009
This is the return of the space cowgirl
Publicado por j. a las 9:59